Irene Trabazo estará no Mundial de ciclocrós
Por Redacción
Desde Marín ata o Campionato do Mundo de Ciclocrós. Irene Trabazo foi convocada oficialmente este mércores polo seleccionador nacional, Pascual Momparler, para participar no Mundial da especialidade que se disputará os días 2 e 3 de febreiro en Bogense, Dinamarca.
A deportista do Club Ciclista Marín tomará parte na carreira Sub-23 prevista para as 11:00 horas do domingo día 3. Xunto a ela estarán no equipo español Luisa Ibarrola, Paula Díaz e Sofía Rodríguez.
"É moi importante que tomen experiencia neste tipo de probas para que se consoliden e podamos completar un cambio xeracional no noso ciclocrós", sinalou sobre elas o técnico do combinado español.
Trabazo non será a única ciclista galega no Campionato do Mundo de Dinamarca, xa que Iván Feijóo competirá na proba Sub-23 masculina e Carlos Canal na Júnior.
Antes de participar no Mundial, Irene Trabazo competirá a próxima fin de semana na proba da Copa do Mundo de Hoogerheide.
Relacionadas:
-
A marinense Irene Trabazo, no posto 32 do Mundial de ciclocrós de Dinamarca
Por Redacción |
-
Top-10 para Irene Trabazo en Holanda
Por Redacción |
-
Unha avaría acaba coas opcións de Irene Trabazo en Francia
Por Diego Espiño |
-
A primeira gran cita deportiva do ano en Pontevedra chega á súa fin cun ambiente fantástico
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Galicia suma outras dúas medallas na segunda xornada do Nacional de Ciclocrós
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Campionato de España de Ciclocrós comeza con medalla de ouro para Galicia
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |