Experiencia internacional para as grandes promesas da natación galega
Por Redacción
O Grupo de Especial Seguimento da Federación Galega de Natación (FEGAN) recibiu nos últimos días unha visita especial, a do austríaco Dinko Jukić.
O nadador de orixe croata participou na xornada de adestramentos das grandes promesas da natación autonómica no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, cos que compartiu experiencias.
Non é cuestión menor, xa que Jukić é todo un campión europeo en piscina curta, medallista mundial e conta na súa palmarés cun cuarto posto nos Xogos Olímpicos de 2012 na modalidade de 200 metros bolboreta.
Actualmente o deportista austríaco desenvolve o seu labor de adestrador en Bulgaria.
O Grupo de Especial Seguimento é unha iniciativa que impulsa a FEGAN co obxectivo de mellorar os hábitos de adestramento e a técnica nos diferentes estilos da natación dos nadadores e nadadoras autonómicas con maior proxección.
Entre os 28 deportistas seleccionados atópanse dous representantes do Club Natación Galaico pontevedrés, como son Alicia Bouzas e Pablo Martín.