O Portamiñá lugués, vencedor do Campionato Galego Máster de Natación celebrado en Pontevedra
Por Redacción
A natación de categoría máster foi a protagonista da fin de semana no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños.
Alí celebrouse o Campionato Galego Máster de Inverno, coa participación de preto de 440 deportistas de 26 clubs chegados desde diferentes puntos da comunidade.
O gran gañador do evento foi o Club Natación Portamiñá de Lugo con 1.089 puntos, seguido do Club Travesas Natación de Vigo (1.061 puntos) e do Club Natación Ponteareas (1.013).
Pola súa banda, o dous clubs pontevedreses tiveron tamén unha participación positiva, co Club Natación Galaico no cuarto lugar a 22 puntos do podio (991 puntos), mentres que o Pons Vetus foi décimo noveno (182 puntos).
A competición serviu ademais como aperitivo para o que chegará a principios do mes de febreiro co Campionato de España da categoría que tamén terá lugar na piscina de Rías do Sur.
Relacionadas:
-
Ambiente de gala en Pontemuíños co inicio do Campionato de España Máster de natación
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Pons Vetus quece motores para o Nacional Máster vencendo na Escola Naval
Por Redacción |
-
Cheo garantido na cidade co Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño |
-
Un mes de protagonismo para a natación de categoría máster
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra acollerá en febreiro o Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño |