Fin de semana de medallas para a Sociedad Gimnástica
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra vén de asinar unha frutífera fin de semana de competicións, no que os seus atletas chegaron a sumar ata 25 medallas nos diferentes campionatos autonómicos disputados.
No máis importante deles, o Campionato Galego Absoluto en Pista Cuberta celebrado en Ourense, o club pontevedrés conseguiron 15 metais, dos cales catro foron de ouro, seis de prata e cinco de bronce.
Os primeiros postos foron para Anxo Blanco en triplo salto; Paula de la Torre en 1.500 metros, onde conseguiu ademais a mínima para o Nacional; Manuel Hurtado en 3.000 metros; e Víctor Gallego en lanzamento de peso.
Pola súa banda conseguiron levar a prata Santiago Ferrer (pértega), Eugenia Gil (400 metros), David Abalde (400 metros), Andrea González (peso), Xiana González (200 metros) con mínima Nacional e Carlos Porto (3.000 metros), mentres que as medallas de bronce foron para Blanca Armenteros (1.500 metros) con mínima para o Campionato de España da súa categoría, Marta González (pértega), David Ferrer (lonxitude), Sandra Carballo (peso) e Carlos Argibay (200 metros).
A destacar tamén foi a actuación do marinense Jean Marie Okutu en lonxitude, ao fimar o atleta do FC Barcelona un mellor salto de 7.59 metros que lle coloca á fronte do ranking nacional de 2019.
CAMPIONATO GALEGO SUB-23
Ao mesmo tempo que o absoluto se celebrou en Ourense o campionato autonómico sub-23, con seis medallas para a Gimnástica.
Eva Salgado (triplo salto), Andrea González (peso), Xiana González (200 metros) e Vicente Suárez (3.000 metros), con mínima para o Nacional, fixéronse coa medalla de ouro. Ademais Claudia Puig (peso) asinou un segundo posto e Inés Castaño un terceiro (3.000 metros).
CAMPIONATO GALEGO DE MARCHA EN RUTA
O sábado disputouse tamén na Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de Marcha en Ruta, no que Eva Sande finalizou terceira na categoría sub-20 feminina, do mesmo xeito que Anxo Jamardo na sub-20 masculina.
Daniel Chamosa, favorito ao título absoluto, non puido competir por problemas musculares, pero si a súa irmá Antía Chamosa, nas filas agora do CA Valladolid, que levou a medalla de ouro.
AUTONÓMICO DE 1.500 E 3.000 SUB-18 E SUB-20
Por último, tamén caeron medallas no Campionato Galego de 1.500 metros Sub-18 e Sub-20, no que Paula de la Torre proclamouse campioa e Blanca Armenteros levou a medalla de prata.