Un mes de protagonismo para a natación de categoría máster
Por Diego Espiño
Pontevedra, coa axuda de Marín, concentrará durante as próximas semanas a atención da natación de categoría máster a nivel autonómico e nacional.
O Campionato Galego de Inverno, organizado polo Club Natación Galaico e presentado este xoves no Concello de Pontevedra, abrirá a actividade o sábado 19 e o domingo 20 de febreiro na piscina olímpica de Rías do Sur, en Pontemuíños.
Alí daranse cita 439 nadadores de 26 clubs, de 25 anos de idade en diante, nunha dobre xornada de competición que "é bonita de ver porque ves xente de tódolos niveis", sinalou a presidenta do Galaico, Amparo Porta, acompañada da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, e do presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño.
Tras este evento a Escola Naval de Marín acollerá o día 3 de febreiro o Trofeo Memorial Gerardo Steudel, en honra ao que fose adestrador no CGTD, impulsor do equipo de natación do RCN de Vigo e profesor de Educación Física para os alumnos da Escola Naval..
Por último chegará o prato forte, o Campionato de España Máster de Natación que se disputará entre o 7 e o 10 de febreiro no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños coa previsión de congregar preto de 1.500 deportistas.
Relacionadas:
-
Ambiente de gala en Pontemuíños co inicio do Campionato de España Máster de natación
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Cheo garantido na cidade co Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño |
-
O Portamiñá lugués, vencedor do Campionato Galego Máster de Natación celebrado en Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra acollerá en febreiro o Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño |