Teresa Abelleira, convocada de novo pola Selección Española Sub-19
Por Redacción
As categorías inferiores da Selección Española de Fútbol seguen contando con Teresa Abelleira.
A pontevedresa, peza clave no título europeo conseguido o pasado verán polo combinado nacional Sub-19, mantense como fixa nos plans do seleccionador da categoría, Pedro López.
Abelleira é unha das 24 futbolistas convocadas a participar na primeira concentración de 2019.
Os adestramentos levarán a cabo do 21 ao 23 de xaneiro na Cidade do Fútbol da Real Federación Española en Las Rozas.
Tras o Campionato de Europa, a xogadora do RC Deportivo tomou tamén parte en outubro na Rolda Elite continental.