O Pontevedra explicará na Xunta de Accionistas unha sanción da Seguridade Social de 65.646 euros

Por Diego Espiño
A Seguridade Social sancionou o Pontevedra Club de Fútbol por presuntas irregularidades na cotización de varios empregados.
Así o reflexa o informe de auditoría que o club presentará na próxima Xunta de Accionistas e na que se explicará con detalle o caso.
A sanción en cuestión ascende a 65.646 euros, e tras ser recorrida e desestimada en primeira instancia, será obxecto agora dun recurso contencioso administrativo por parte da entidade granate para defender os seus intereses.
En concreto, segundo reflicte o documento da auditora Sogal, o importe que a Tesourería da Seguridade Social entende como irregular na cotización é de 2.876,80 euros.
Segundo fontes do club consultadas, esta suposta irregularidade trataríase dunha situación "herdada" de anteriores xestores.
A Xunta Xeral de Accionistas do Pontevedra Club de Fútbol terá lugar o vindeiro luns 28 de xaneiro no Pazo da Cultura.
Relacionadas:
-
A xustiza da razón a un dos xogadores do Pontevedra sancionados en 2017 tras un informe de Inspección de Traballo
Por Diego Espiño |
-
A Xunta de Accionistas do Pontevedra acorda denunciar a José Manuel Fernández pola vía civil
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A chegada de dous reforzos ao Pontevedra, cuestión de horas
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra reduce en 127.000 euros a súa débeda
Por Diego Espiño |
-
Cultural Leonesa e Pontevedra, dous equipos empatados a puntos pero afastados na súa realidade
Por Diego Espiño |
-
O Grupo I da Segunda B, nun pano
Por Diego Espiño |
-
A falta de pólvora impide o triunfo dun Pontevedra superior a Unionistas (0-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |