O Mercantil, premiado como mellor club do ano no tenis galego
Por Redacción & Diego Torrado
O tenis galego reuniuse durante a fin de semana en Pontevedra para a disputa do máster autonómico e tamén para a celebración da XXX Gala do Tenis Galego.
O Pazo da Cultura foi escenario dunha celebración na que se recoñeceron a clubs e xogadores polo seu labor durante o ano 2018.
Un dos premiados, como mellor club da pasada tempada, foi o Casino Mercantil pontevedrés, e ademais Ricardo Domínguez Munáiz, ex-presidente do Club de Tenis Pontevedra, recibiu o galardón a "Mérito na Dirección de Club".
Pola súa banda os mellores xogadores autonómicos de 2018, recoñecidos respectivamente co Premio Lourdes Domínguez e o Premio Óscar Burrieza, foron Uxía Martínez en categoría feminina e Rodrigo Figueroa na masculina.
Ademais o premio ao xogo limpo foi para Tomás Currás, o mellor técnico foi Iago Fernández-Reija, o mellor xogador xuvenil David Cao, o club de promoción o Tenis Gondomar e o mellor xuíz José Luis Iglesias, mentres que Jesús Iglesias recibiu unha homenaxe por toda unha vida adicada ao tenis.