O Marcón Atlético comeza o ano perdendo ante o Valladares (3-0)
Por Redacción
O Marcón Atlético volveu este domingo á competición na Gándara ante o Valladares. Nesta ocasión, os pontevedreses sumaron a súa segunda derrota consecutiva, que os mantén na parte media-baixa da clasificación con 26 puntos.
O partido estivo dominado completamente polos locais, que aos 13 minutos do comezo do mesmo xa estaban por riba no marcador grazas a un gol de Cani. Pouco despois (21'), Miguel Freiría anotaba o 2-0 co que irían ao descanso.
Durante a segunda parte, a dinámica non cambiou, xa que os visitantes non foron quen de recortar distancia e os de Andrés Costas marcaron o definitivo 3-0 (Vitti a 2 minutos do termo do choque).
Consulta a acta do Valladares-Marcón Atlético.
O Juventud Cambados continúa sen poder recuperar a primeira posición que ocupou durante case toda a primeira volta. Nesta ocasión, perdeu ante o Barbadás, que aproveitando que xogaban en Os Carrís, venceu aos do Salnés pola mínima (1-0).
Parecía que o partido ía terminar a ceros, xa que despois dunha primeira parte sen goles, o tanto local non chegou ata case o final do encontro. Foi no 83' cando Marcos Vilachá acertou na portería de Adrián, deixando aos de Edu Charlín con moi poucas posibilidades de igualar o marcador.
Consulta a acta do Barbadás-Juventud Cambados.
Pola súa banda, o Amanecer comezou o ano con mal pé e continúa sen deixar atrás a mala serie de 4 derrotas consecutivas. A última en Outeiro ante o SD Bande, que gañou despois de 5 partidos sen coñecer a vitoria (2 empatados e 3 perdidos).
Comezou superior o cadro visitante, que aos 17 minutos do comezo marcou o 0-1 grazas a Javichu. Con todo, á media hora de xogo, os locais conseguiron empatar por medio de Cristian Morgade. Co 1-1 iríanse ao descanso e, despois do paso polos vestiarios, Adrián Rodríguez anotou o definitivo 2-1 no 50'.
Consulta a acta do SD Bande-Amanecer.
O CD Beluso perdeu esta fin de semana o seu primeiro choque directo do ano ante o Cultural Areas, que, grazas a este vitoria, logrou meterse en postos de ascenso. Pola súa banda, os bueuenses foron desbancados, tendo que descender á sexta posición.
O partido estivo dominado polos locais, que xa na primeira parte anotaron dous dos tres goles do encontro. O primeiro chegou aos 3 minutos do comezo do mesmo de man de Zurdo. O segundo e o terceiro, que se fixo esperar ata o final da segunda metade, foron obra de Jorge.
Consulta a acta do Cultural Areas-CD Beluso.
Primeiro partido de rivalidade do ano entre o USD do Grove e o Villalonga. Un choque no que os locais tentarían comezar a sumar despois de 6 xornadas consecutivas sen facelo (nas últimas 13 tan só lograron un empate) para desancorarse do último posto da táboa. Pola súa banda, os de Luís Oliveira conseguiron despegarse minimamente do perigo da parte baixa.
A pesar do triunfo visitante, a igualdade reinou en Monte da Vila. Tras unha primeira parte sen goles, o único tanto do choque non chegou ata o 81', cando Guerra acertou na portería de Álex Sánchez. Algo ao que os de Santiago Mariño xa non puideron poñer remedio.
Consulta a acta do USD de O Grove-Villalonga.
Finalmente, o Xuventú Sanxenxo conseguiu derrotar en O Casal ao CD Moaña. Algo que lle vén moi ben ao cadro de Nel Blanco, que, aos poucos, vai afastándose cada vez máis da zona de perigo.
Aínda que os visitantes levaron os tres puntos da xornada, o encontro estivo moi igualado. Empezou un pouco máis forte o Sanxenxo, que, 10 minutos despois do asubío inicial, marcaba o definitivo 0-1 por medio de Charles de Saeza. A partir de aí non houbo cambios. Os locais non conseguiron igualar o marcador e os do Salnés tampouco gañar máis vantaxe.
Relacionadas:
-
O Marcón arranca un empate (2-2) no complicado campo do Juventud Cambados
Por Redacción |
-
Nova derrota do Marcón no Carrasco ante o SD Bande (0-3)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Marcón Atlético perde no Carrasco ante un contundente Cultural Areas (0-2)
Por Redacción |
-
O Marcón Atlético empata sen goles ante a Unión Deportiva Atios
Por Redacción |