José Luis Torrado na homenaxe do COE: "Soy millonario, no por tener dinero, sino por la amistad"
Por Sofía Lorenzo
O recuperador José Luis Torrado recibiu este sábado unha homenaxe por parte do Comité Olímpico Español (COE) por toda unha vida adicada ao deporte. Ao acto, que se celebrou no Teatro Principal, acudiron multitude de persoas que quixeron compartir co 'O Bruxo' un día tan especial.
A traxectoria de Torrado converteuno nunha eminencia, non só en Pontevedra, senón tamén a nivel nacional e internacional. Iniciou a súa andaina como atleta e debutou nos Juegos Olímpicos de México 68 como masaxista e naturópata. A partir de aí, tomou parte noutras catro ocasiones no devandito evento deportivo: Múnic 72, Montreal 76, Seúl 88 e Atlanta 96. "28 años de compromiso en cuatro disciplinas distintas", lembrou Alejandro Blanco, presidente do COE, quen tamén asegurou, en nome da institución, que "este homenaje no es sólo nuestro, es de todos los que coincidimos contigo (a Torrado) y de todo el mundo del deporte, para que siempre recuerdes el cariño y la admiración que todos te tenemos".
Así mesmo, Juan Antonio Corbalán, ex-xogador da Selección Española de baloncesto, despois de lembrar os primeiros anos de traballo con Torrado, asegurou que "era una pieza indispensable para nosotros, porque nos enseñó a sentirnos personas hechas para querer y ser queridas. Por eso, todos los que vivimos eso tenemos la obligación de recordarlo".
Pola súa banda, Ignacio Sola, presidente do Comité de Deportistas do COE, recoñeceu, coincidindo co resto, que "nuestra confianza en él era ciega. Si lo que hace, o hacía, José Luis no eran milagros, hay que reconocer que se le parecía mucho. Su presencia era como un talismán", por iso, engadiu, "este reconocimiento, no es sólo profesional, sino también de afecto por tu valía y tu amistad".
Finalmente, o homenaxeado, acompañado dos aplausos de todos os presentes, tomou a palabra para agradecer que "después de 50 años, éste sea uno de los días más felices de mi vida". Emocionado, Torrado revelou que "estoy verdaderamente impresionado de veros a todos. Soy millonario, pero no por tener dinero, que no tengo, sino por la amistad". Entre ovacións, 'O Bruxo' baixou do escenario para saudar aos asistentes, que "dieron el mejor discurso, ya que el Teatro Principal se llenó de gestos de cariño y abrazos que demuestran que lo que habla es el propio corazón" engadiu Alejandro Blanco.
Relacionadas:
-
Multitudinaria e emotiva despedida a José Luis Torrado 'O Bruxo'
Por Cristina Saiz & Ramiro Espiño |
-
Adeus a unha lenda: falece José Luis Torrado 'O Bruxo' aos 88 anos
Por Ramiro Espiño |
-
A familia do Atlético Estación homenaxea a Jose Luís Torrado e a Rosa, expresidenta da entidade
Por Redacción |
-
RADIO.- Cara a cara: 'A vida nun balón' ou as intrahistorias dos Mundiais e do fútbol
Por |
-
O Comité Olímpico Español homenaxeará a José Luis Torrado 'O Bruxo'
Por Redacción |
-
RADIO.- José Luis Torrado "O Bruxo", pese a quen pese
Por Marisa Ciordia |