Mes decisivo no Peixe Galego para tentar 'pasar o corte'
Por Redacción
A Liga LEB Prata encara a recta final da súa primeira fase de competición co Peixe Galego aínda situado nos postos de privilexio a pesar das súas dúas últimas derrotas.
O conxunto marinense afronta o último mes desta etapa cun obxectivo, manterse entre os 6 primeiros da Conferencia Oeste para certificar pola vía rápida a permanencia na categoría e ilusionarse de paso con metas maiores.
Os de Javi Llorente, a 6 xornadas para o final da primeira fase, ocupan o sexto posto entre 12 equipos cun balance de 9 vitorias e 7 derrotas, sendo o último que pasaría o corte no recentemente estreado sistema de competición da LEB Prata cun triunfo de vantaxe sobre o CB Clavijo.
Chegado a ese momento, tras a xornada do 16 de febreiro, os mellores equipos de cada conferencia pasarán a pelexar polo ascenso, mentres os 12 restantes (6 por grupo) irán a outra liga na que tentarán evitar a perda de categoría.
O calendario do Peixe Galego neste mes decisivo se iniciará coa visita o vindeiro domingo 13 de xaneiro (18:00 horas) do CB Tormes (12º clasificado) ao pavillón da Raña, debendo xogar despois contra o Basket Navarra (3º), Jauristi ISB (4º), Igualatorio Cantabria (5º), Zornotza (1º) e Xixón (11º).