O Froiz presenta a súa nova arma para unha tempada na que aspira a todo
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz ten en 2019 unha tempada ilusionante por diante, na que aspira a obxectivos ambiciosos.
A escuadra pontevedresa, líder a pasada campaña do ranking nacional elite e sub-23, reforzouse a conciencia para buscar, entre outras metas, alzarse coa Copa de España.
Para iso os homes dirixidos por Evaristo Portela contarán para iso cunha nova arma. Usarán durante as competicións bicicletas BH Ultralight co grupo Ultregra electrónico e bielas de potencia para poder medir os watios en cada pedalada. Trátase dunha "bici escaladora ríxida agresiva e de nivel profesional", sinalan desde o equipo alimenticio.
A aposta do Froiz esta tempada tradúcese nunha ampliación de corredores ata os 19 en plantel, seis deles de categoría elite entre os que destacan as fichaxes de Jesús Arozamena e Óscar Linares.
Nos plans de Evaristo Portela para os seus, que realizarán a súa tradicional concentración e presentación a mediados de febreiro, está estrear o curso o 16 e 17 de febreiro no Memorial Manuel Sanroma que se disputa en Almagro, Cidade Real, no que será un test de nivel antes do inicio da Copa de España co Circuíto do Guadiana en Don Benito, Badaxoz, o día 24 do mesmo mes.
Relacionadas:
-
Retos ambiciosos do Froiz no inicio da súa 31 tempada no pelotón
Por Diego Espiño |
-
Estudos biomecánicos como preludio á tempada do Froiz
Por Redacción |
-
Evaristo Portela e Nieves Gamallo reciben a distinción da Xunta ao mérito deportivo
Por Redacción |
-
O sprinter Francesc Zurita, novo reforzo para o Froiz
Por Redacción |
-
O Froiz suma dúas novas pezas para o seu proxecto de 2019
Por Redacción |
-
O Froiz aposta forte pola Copa de España e confirma a fichaxe de Jesús Arozamena
Por Diego Espiño |