Ánimos renovados na volta ao traballo do Pontevedra
Por Diego Espiño
As vacacións do Nadal chegaron este luns 31 de decembro ao seu fin para o primeiro plantel do Pontevedra Club de Fútbol.
Despois dunha semana de descanso o conxunto granate volveu aos adestramentos nunha sesión celebrada á primeira hora da mañá no campo de Chan do Monte, Cerponzóns, no medio dun ambiente ameno e con ánimos renovados.
Non faltou a cita coa báscula antes de saltar ao terreo de xogo, para controlar os excesos propios destas datas, antes de poñer o mono de traballo.
A grata noticia da xornada, tal e como estaba previsto, deuna Álex Fernández ao integrarse ao traballo co resto do grupo e esquecendo a importante lesión muscular que lle mantivo os últimos meses afastado dos terreos de xogo. Desta forma Javi López queda como único inquilino da enfermaría á espera de ser sometido a unha cirurxía o próximo 8 de xaneiro. O extremo andaluz tamén compareceu en Cerponzóns, aínda que para traballar ás ordes do recuperador, Manu Barros, do mesmo xeito que o canteirán Pacheco, mentres que o gardameta Rubén Ualoloca retirouse antes de tempo por cuestións persoais.
Na mente de todos atópase xa a volta da competición ligueira, que se producirá leste mesmo domingo 6 de xaneiro (18:30 horas) en Pasarón ante o Real Madrid Castilla.
No plan de traballo semanal, Luismi non varía a rutina do equipo e este martes, coincidindo coa xornada de Aninovo, dará á seus xornada de descanso para retomar a actividade o mércores 2 de xaneiro.
Relacionadas:
-
Tres goles como tres 'Reis' para un Pontevedra que varre ao Real Madrid Castilla (3-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Ambición no Pontevedra ante a visita do Real Madrid Castilla
Por Diego Espiño |
-
De Madrid a Pontevedra por amor a unhas cores
Por Diego Espiño |
-
Luismi, satisfeito porque o plantel "se cuidó en vacaciones"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra CF goza dunhas merecidas vacacións antes de abordar o partido contra o Real Madrid Castela
Por Sofía Lorenzo |
-
A eficacia do Atlético de Madrid B imponse ao xogo gris do Pontevedra (2-0)
Por Redacción |
-
Javi López, tras a súa grave lesión: "Ahora voy a ser un aficionado más"
Por Diego Espiño |