Os marinenses seguen sendo fieis á súa tradicional Subida a Castro de fin de ano
Por Redacción & Diego Torrado
Un ano máis, os marinenses foron fieis á súa cita de clausura de ano, a xa tradicional San Silvestre organizada pola asociación Serraseca de Castro. Multitude de persoas de todas as idades percorreron os preto de 7 quilómetros.
Ademais, a xornada estivo acompañada por un tempo perfecto que invitou a todos a saír á rúa a correr e gozar da festividade.
A subida a Castro comezou ás 10:15 horas coa IV edición da andaina 'Marabillas na Casa', na que nenos e maiores xuntáronse para facer máis ameno o paseo ata o final do traxecto.
Posteriormente, ao redor das 11:00, chegou o momento da carreira popular protagonizada polos participantes adultos, que con diferentes accesorios, como é costume nesta proba, botaron a correr entre as rúas. Finalmente, ás 11:45, os máis pequenos tomaron o relevo para finalizar a xornada deportiva marinense máis divertida do ano.
Ao cruzar a liña de meta esperáballes o prato forte do día, e nunca mellor dito, xa que despois de facer exercicio o que apetecía era recuperar forzas co VI Concurso de Tortillas e Degustación de Callos. Ninguén se perdeu a experiencia.