O Mace Sport, a polo título autonómico en Noia
Por Redacción
O Campionato Galego Absoluto de Taekwondo que se celebra esta fin de semana na localidade coruñesa de Noia é o próximo reto do Mace Sport.
O conxunto pontevedrés acode á cita co obxectivo de impoñerse na clasificación por equipos e de sumar a maior cantidade de puntos pensando no Campionato de España.
Representará ao Mace Sport en Noia un equipo con nomes importantes nos ranking nacionais como Sara Cortegoso, Artai Pazos, Uxía Ogea ou Unai Silva, xunto a Héctor Canabal, Javier González e Emilio Pousada.
A competición desenvolverase o vindeiro sábado 22 de decembro no Pavillón Municipal Agustín Mourís, con case un ceento de deportistas de 25 clubs inscritos.
Relacionadas:
-
Giovanni Imparato, do Mace Sport, conquista o Europeo en Grecia
Por Redacción |
-
O Mace-sport proclámase en Noia subcampión galego absoluto
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz e Iván García proclámanse campións de Europa de taekwondo
Por Redacción |
-
Dous novos éxitos para o Mace Sport no Europeo cadete de taekwondo
Por Redacción |