O Arxil, ante unha partido clave na despedida de 2018
Por Redacción
Conseguir un triunfo que avive as súas opcións de permanencia na Liga Feminina 2 é o obxectivo do Club Baloncesto Arxil na última xornada do ano.
As verdes reciben no Centro Galego de Tecnificación Deportiva o Segle XXI catalán, décimo clasificado con dúas vitorias máis que as pontevedresas. De aí a importancia dun choque para o que o club solicitou o apoio dos seus afeccionados dado o pouco habitual da hora (venres, 20:30 horas).
Cristina Díaz-Pache é a única baixa por lesión para Mayte Méndez, que poderá contar co resto do plantel á súa disposición.
Será importante, asegura Lino Vázquez, "tentar levar o partido ao noso ritmo cunha boa defensa e correr cando nos deixen".
Tras esta cita o Arxil non volverá á competición ata o 12 de xaneiro, data na que visitarán noutro importante partido ao pechacancelas da liga, o Cerdanyola, no peche da primeira volta.