O Poio Pescamar saca o seu lado solidario organizando unha recollida de xoguetes
Por Diego Espiño
O último partido na casa do ano serviralle ao Poio Pescamar para mostrar a súa versión máis solidaria.
O conxunto vermello, coincidindo co choque previsto para este sábado 22 de decembro (18:30 horas) na Seca ante o Alcorcón, organizou unha recollida soldaria de xoguetes.
"Demostran que o deporte pode ir da man da solidariedade", explicou na presentación da iniciativa a concelleira de Deportes, Marga Caldas.
Pola súa banda o adestrador do primeiro equipo, Dani Díaz, recalcou que os xoguetes "non teñen que ser novos, pero é importante que estean nun bo estado", e pediu a colaboración dos afeccionados e veciños, sinalando que non será necesario acudir ao encontro para realizar doazóns.
Os xoguetes serán entregados aos servizos sociais do Concello de Poio para a súa repartición entre as familias do municipio en risco de exclusión.
DOUS PARTIDOS PARA ESCALAR POSICIÓNS
Na recta final do ano o Poio Pescamar busca un pleno de 6 puntos, co partido do sábado ante o Alcorcón e o aprazado ante o Amarelle que disputarán o día 27 a domicilio. Ese é o obxectivo que se marca o plantel, unha meta "que nos pode deixar en postos de Copa", sinala Dani Díaz, e que permitiría recuperar a confianza perdida.
Relacionadas:
-
Poio Pescamar sofre para dobregar a Viaxes Amarelle no derbi aprazado (2-3)
Por Redacción |
-
Importante vitoria do Poio Pescamar ante o AD Alcorcón (4-1)
Por Sofía Lorenzo & Mónica Patxot |
-
O Poio Pescamar cae ante o Atlético Navalcarnero (6-4)
Por Redacción |
-
O nomeamento de Silvia como unha das mellores gardametas do mundo, un "orgullo" para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar recupera o sorriso tras vencer o Majadahonda na Seca (4-2)
Por Redacción & Diego Torrado |