Entrada de balde para os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas Sub-16 e Sub-18
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo foi escenario este martes da presentación oficial dos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas Sub-16 e Sub-18 que se celebrarán a final de mes no municipio.
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, presidiron o acto, ao que tamén asistiron os presidentes e directivos do Portonovo, Villalonga e Xuventú Sanxenxo.
"Vai ser unha festa do fútbol en Sanxenxo" e tamén "unha oportunidade para ver a futbolistas que xa están moi preto de dar o salto á elite", sinalou Louzán sobre unha competición que se desenvolverá entre o 27 e o 29 de decembro nos campos de Baltar en Portonovo e San Pedro en Vilalonga.
A entrada para presenciar cada un dos encontros será de balde para o público, tal e como confirmaron na presentación.
Baltar será escenario da competición na súa primeira xornada, o xoves día 27, con partidos entre Estremadura e Galicia, en ambas as categorías. O venres 28 será a quenda de Comunidade Valenciana e Estremadura en San Pedro, mentres que Galicia e a Comunidade Valenciana pecharán os campionatos o sábado 29 de novo en Portonovo, con partidos Sub-16 en todos os casos ás 10:30 e Sub-18 ás 12:30 horas.
Relacionadas:
-
Galicia debuta con bo pé no Nacional sub16 e sub18, con dobre vitoria ante Estremadura
Por Redacción |
-
Galicia enfrontarase en Sanxenxo a Estremadura e Valencia no Nacional sub16 e sub18 de fútbol
Por Redacción |
-
Os campos de fútbol de Baltar e San Pedro, sedes do Nacional Sub-16 e Sub-18 seleccións autonómicas
Por Redacción |