Moraña premia a traxectoria de 15 deportistas locais
Por Redacción
O Concello de Moraña estreou a fin de semana a súa Gala do Deporte local cun acto celebrado na Casa de Cultura.
En total o goberno local recoñeceu a traxectoria de 15 deportistas do municipio e os éxitos conseguidos por todos eles nos últimos anos e en diferentes disciplinas.
A alcaldesa, Luisa Piñeiro, sinalou no evento a intención de dar "continuidade a esta gala en vindeiros anos para que se sigan visibilizando os éxitos e esforzos dos nosos deportistas", e sinalou aos e as deportistas como un "orgullo e exemplo".
Os premiados na primeira Gala do Deporte de Moraña foron: Nerea Bello (campioa galega de salvamento), Damián Varela (futbolista convocado pola Selección Espñola Sub-16 e Sub-17), Albano Monteagudo (campión galego de cros), Adrián Núñez (campión galego 5 km en ruta), Marisol Diz (campioa galega de marcha), Jaime Arias (campión galego de disco, xavelina e peso), Rubén Fernández (subcampión de España de salvamento), Nicolás Medranda (campión de España de kick boxing), Sebastián Medranda (campión de España de taekwondo), Milagros Redondo (campioa galega de kick boxing), Rafael Sierra (clasificado para o mundial de tríatlon de longa distancia), Abel Barros (campión galego 10 km en ruta) e José Viéitez (campión de España de rallies).