O Arosa descólgase e o Ribadumia sae goleado de Santiago
Por Redacción
O Arosa descolgouse esta fin de semana da parte alta da táboa tras ser derrotado na Lomba polo Racing Club Villalbés. Este último, pola súa banda, atópase preto da zona de perigo despois de 4 vitorias en 17 partidos (contando coa deste sábado).
Os de Vilagarcía puideron gañar vantaxe durante o primeiro tempo, con todo, a mala sorte local terminou por mandalos ao descanso cun tanto por debaixo. Aos poucos minutos do comezo (13'), presentóuselle aos locais a primeira oportunidade de gol cun córner que cabeceou Iago Martínez. Pero, para desgraza dos arousanos, foi parar ao longueiro.
Posteriormente, no 23', Luís García conseguiu realizar outro tiro a porta que, de novo, volveu ao pau. Escasos minutos despois, Sylla puido anotar o 1-0, con todo, unha posición complicada fixo que o choque continuase a ceros. Esta situación non se alongaría moito máis, xa que no 36' da primeira parte, José Varela adiantou ao Villalbés no marcador. Antes da chegada do descanso, case consegue Luís García o empate cun centro de Javi Otero.
Aos seis minutos do regreso dos vestiarios, Álex Pérez marcou o 0-2 nunha contra, dando aos visitantes unha cómoda vantaxe. A pesar dos intentos locais, os arousáns só lograron recortar distancias cunha gol de penalti de Mauri (81'), pero sen chegar a igualar o encontro (1-2).
Consulta a acta do Arosa-Racing Club Villalbés.
Pola súa banda, tocoulle ao Ribadumia volver de Santiago cunha goleada no peto, xa que o Compostela fixo do estadio de San Lázaro un fortín difícil de conquistar. Desta forma, os coruñeses continúan pelexando polos primeiros postos da clasificación e o Ribadumia por evitar a próxima zona de perigo.
Comezaron moi ben os pontevedreses, que evitaron varios goles locais durante os primeiros minutos de partido. Ademais, no 19' da primeira parte, foi Fran Fandiño quen conseguía poñer por diante aos visitantes no marcador (0-1).
Con todo, a vantaxe non lles duraría moito, xa que escasos 6 minutos despois Aythami igualou o choque (1-1). Nun man a man entre Anxo Pérez e Hugo Soto, unha boa resolución deste último cun golpe cruzado logrou que o Ribadumia volvese poñerse por diante. E así se foron ao descanso (1-2).
O partido deu un giro tras o paso polos vestiarios. O Ribadumia pasou da vitoria provisional antes do segundo tempo a saír de San Lázaro cun difícil resultado. Un dos motivos puido ser a inferioridade numérica dos visitantes tras a segunda amarela a Miguel no 54'. A partir de aí todo empeorou. Brais Abelenda igualou o marcador un minuto despois (2-2). Santi Gegunde puxo aos locais por diante cun gol dedicado ao seu avó no 65' (3-2).
O Ribadumia volveu a encaixar un tanto no 80', de novo, de parte de Brais Abelenda e, finalmente, de Rubén a dous minutos do termo do choque (5-2).
Consulta a acta do Compostela-Ribadumia.
Resultado esperado o desta fin de semana nas Eiroas, onde o Céltiga, que continúa sen levantar cabeza, recibiu ao líder de Terceira, o Bergantiños (con só dúas derrotas en 17 partidos).
A pesar do 1-0 final, o encontro estivo moi igualado durante o primeiro tempo, no que ningún dos dous equipos encaixou ningún tanto. Con todo, aínda cos intentos visitantes, estes non conseguiron superar aos de Carballo, que se puxeron por diante no 56' por medio dun gol de Baleato (1-0).
Relacionadas:
-
O Arosa empata ante o Somozas (2-2) pero mantense preto dos postos altos da táboa
Por Sofía Lorenzo |
-
O Arosa mira cara arriba tras machacar con autoridade o Ribadumia a domicilio (0-4)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Arosa gaña ao Arenteiro despois de tres xornadas sen vitoria (2-1)
Por Redacción |
-
Un Arosa sen sorte cae ante o Choco e se une ás derrotas de Ribadumia e Céltiga
Por Redacción |