O Peixe Galego gaña en Plasencia e ascende ao segundo posto (65-69)
Por Redacción
Nin unha curta rotación, con só 8 xogadores dispoñibles, conseguiu frear este mércores a un Peixe Galego en plena xeira positiva.
Os de Marín lograron na cancha do Extremadura Plasencia a súa terceira vitoria consecutiva (65-69), oitava da tempada, e ascenden ao segundo posto da Conferencia Oeste da LEB Prata, sendo o equipo máis en forma do grupo.
O Peixe levou a inicitiva do duelo desde o primeiro parcial, pese que concluíse cun apertado 19-20, e cun bo traballo defensivo aínda que sen lograr abrir unha importante renda foron avanzando ata o 31-38 co que se chegaba ao descanso.
A tónica mantívose no terceiro parcial, co cadro marinense moi concentrado na parcela defensiva e aproveitando a solvencia dun ataque que repartiu resposanbilidades, tanto que ata 4 homes chegaron a dobres díxitos, como Gregory (15), Vashil Fernández (14), Jorge Romero (17) e Sevillano (12), con Juanchi Orellano nos 9 puntos.
Así o Peixe deixaba encarrilado o duelo antes dos 10 minutos finais (42-55), ou polo menos iso parecía, porque o Plasencia espertou e protagonizou unha gran remontada para mesmo tomar a dianteira a falta de dous minutos (65-64). Faltaba o último esforzo dos de Marín, que da man de Gregory volveu poñerse por diante para sentenciar o partido.
Un triunfo que vale o seu peso en ouro e que os de Javi Llorente esperan referendar o vindeiro domingo en casa na visita do filial do Baskonia.
Consulta as estatísticas do CB Extremadura Plasencia-Marín Peixe Galego.
Relacionadas:
-
O Peixe rompe a súa boa xeira tras perder ante o CB Zamora (70-65)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Peixe segue pelexando polo máis alto da táboa tras a vitoria ante o Baskonia (73-63)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego asoma á cabeza da LEB Prata tras vencer o Clavijo na Raña (76-65)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego esperta na segunda parte e vence ao Gijón (82-68)
Por Redacción & Diego Torrado |