Javi López lesiónase e fai saltar as alarmas
Por Diego Espiño
O regreso aos adestramentos do Pontevedra este mércores no campo de fútbol de Cerponzóns tivo un protagonista en forma de lesión, Javi López.
O extremo andaluz fixo saltar as alarmas no club granate tras facerse dano no seu xeonllo no transcurso da sesión
"Fue él solo en un gesto, un giro", explica Luismi sobre a acción na que Javi López resultou lesionado e que lle obrigou a retirarse antes de tempo. "Hizo un gesto feo", recoñece o técnico, que a pesar de todo confía en que todo "quede en un susto".
En todo caso está previsto que nas próximas horas se lle realicen probas para determinar o alcance exacto da doenza. O que si parece seguro, aínda que esas probas terminen descartando unha lesión de consideración, é que o futbolista granate perderá o último encontro do ano en Pasarón, o do próximo domingo ante Las Palmas Atlético.
Javi López súmase así a unha lista de baixas na que continúan Nacho López e Álex Fernández, aínda que as noticias sobre a recuperación destes dous futbolistas están a ser positivas e "van mejor de lo previsto", confirma Luismi. De feito está previsto que nos próximos días os dous poidan ir incorporándose ao traballo co grupo de maneira paulatina.
MÁIS APOIO DA AFECCIÓN
Os bos resultados elevaron a moral dun Pontevedra que quere máis, e que xa pensa en asaltar os postos de play-off gañando o vindeiro domingo nun horario pouco habitual (12:00 horas) para un partido en Pasarón.
"La gente tiene que estar ahora con el equipo", reclama Luismi, para quen o horario non debe ser escusa. "El que quiere venir a ver el Pontevedra no busca excusas, sea de mañana o de tarde", entende o preparador, que apela a converter o seu estadio en "un fortín" para aferrarse á zona alta da táboa.
Relacionadas:
-
O Pontevedra supera a Las Palmas Atlético guiado por un inmenso Kevin Presa (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Asalto do Pontevedra aos postos de play-off
Por Diego Espiño |
-
Javi López rompe o cruzado e estará entre seis e oito meses de baixa
Por Redacción |
-
O fútbol en horario matinal volve a Pasarón
Por Redacción |
-
Pibe pecha cunha obra de arte a goleada do Pontevedra ao Unión Adarve (3-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Rivera e Pibe meten o Pontevedra nos oitavos de final da Copa RFEF
Por Redacción |