Positiva experiencia de Bádminton Pontevedra no Máster de Toledo
Por Redacción
Bos resultados os conseguidos a fin de semana polos deportistas do Club Bádminton Ravachol Pontevedra desprazados ao Máster Sénior de Toledo.
Á localidade manchega acudiron Raquel Miguens e Abraham Barros.
Miguens foi a que conseguiu os mellores resultados ao vencer sen grandes complicacións na categoría individual feminina e impoñerse tamén nos dobres xunto á súa compañeira Dina Abouzeid, do País Vasco, gañando na final por tres apertados sets.
Non conseguiu o ouro no dobre mixto con Luís Veloso, pero tamén subiu ao podio ao facerse coa medalla de bronce, despois de caer eliminados nas semifinais ante os oscenses Jorge Laviña e Carla Pelay.
Pola súa banda na categoría masculina Abraham Barros debutou nunha proba nacional, e a pesar de non poder superar a fase de grupos deixou sensacións postivas, segundo sinalou o seu club.
Relacionadas:
-
Subcampionato para Raquel Miguens no Máster Absoluto de Madrid
Por Redacción |
-
As opcións de ascenso afástanse para o Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
Dúas vitorias e unha derrota para o Bádminton Ravachol na Coruña
Por Redacción |
-
Pleno de triunfos para o Bádminton Pontevedra en Alacante
Por Redacción |
-
O Cidade de Pontevedra de badminton queda na casa cos triunfos de Manuel Brea e Ana Carbón
Por Redacción & Diego Torrado |