Walter Bouzán, vencedor da quinta edición da Lanzada Ocean Race
Por Redacción
O tempo acompañou e a Lanzada Ocean Race luciu como nunca esta fin de semana cunhas condicións envexables para a práctica do surfsky e o pádel surf.
O domingo celebrouse a proba principal, a de surfsky, con saída na beira da praia da Lanzada e final en Baltar, Portonovo, con preto dun cento de participantes.
O asturiano Walter Bouzán (Oviedo Kayak-La Ribera) resultou gañador na modalidade SS-1 cun tempo de 1:02:59 segundos, completando o podio na categoría elite o pontevedrés Álvaro Fernández Fiúza (Cultural Covadonga) e o asturiano Luís Pérez (S.C.D. Rivadesella), segundo e terceiro respectivamente.
Doutra banda Jonathan Rincón (A.D.Piragüismo Santander) foi o vencedor en master elite con José Girón (Fluvial O Barco) segundo e Mikel Lauzirika (Barrika Piragua Tadea) terceiro. En canto á categoría SS1(+50) o triunfo foi para o surafricano Óscar Chalupsky.
Tamén venceron na clasificación SS2 elite foi para a parella formada por Beatriz Mánchón e Manuel Busto, mentres que na modalidade de pádel surf o podio completárono Tiago Campos, Jano Rodrigues e Javier Agüera.