O Poio Pescamar recupera o sorriso tras vencer o Majadahonda na Seca (4-2)
Por Redacción & Diego Torrado
O Poio Pescamar recupera o sorriso despois de vencer este domingo na Seca o Majadahonda (4-2), esquecendo o recente tropezo entre semana nun dos duelos aprazados no seu momento.
As vermellas dominaron o seu rival, pero tiveron que empregarse a fondo para sentenciar nos últimos minutos tras ver como neutralizaban unha desvantaxe de dous goles en contra.
As imprecisións na finalización impediron ás locais tomar vantaxe no tramo inicial do duelo, a pesar de gozar de ocasións. Pola súa banda o conxunto madrileño esperaba a súa oportunidade na estratexia ou buscando unha transición rápida.
Ao final a contra chegou para o Poio Pescamar ao fío do descanso, anotando Jenny Lores o 1-0 que daba certa tranquilidade. Esa sensación foi maior cando só dous minutos despois da continuación Ale de Paz marcaba o segundo tras un roubo.
Todo se poñía de cara, e con todo o Majadahonda reaccionou cando menos esperábase acurtando primeiro distancias por medio de Andrea Feijóo, no minuto 25, e empatando tres minutos máis tarde nunha acción desafortundada de Carol, que desviaba co seu corpo un saque de banda despistanto a Silvia.
Tocaba remar de novo, algo que asumiron as vermellas volvendo tomar a dianteira cun gol de Iria Saeta no 35. Arriscou o equipo visitante entón co xogo de cinco, o que aproveitou Ceci para sentenciar a porta baleira.
Con este triunfo o Poio Pescamar ascende á sétima posición da Primeira División con 19 puntos e aínda un encontro menos que os seus rivais, partido ante o Amarelle que recuperará a final de mes.
POIO PESCAMAR (4): Silvia, Iria Saeta, Ceci, Jenny, Dani Sousa -cinco inicial- Ale de Paz, Jessi, Carol, Irene García.
MAJADAHONDA FSF (2): Lucía, Elena Mateo, Andrea Feijóo, Coral, Mónica -cinco inicial- Helen, Sheila, Ana Belén, Laura, Yaiza, Marta Mateo.
Árbitros: Vilas López e Cardero Rodríguez .
Goles: 1-0 Jenny Lores (min.19), 2-0 Ale de Paz (min.22), 2-1 Andrea Feijóo (min.25), 2-2 Carol en propia meta (min.28), 3-2 Iria Saeta (min.35), 4-2 Ceci (min.39).
Incidencias: Partido de liga da Primera División de fútbol sala disputado no pavillón municipal da Seca, Poio.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar saca o seu lado solidario organizando unha recollida de xoguetes
Por Diego Espiño |
-
O Poio Pescamar cae ante o Atlético Navalcarnero (6-4)
Por Redacción |
-
O nomeamento de Silvia como unha das mellores gardametas do mundo, un "orgullo" para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar di adeus á vitoria no último minuto ante o Palau (2-2)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Poio Pescamar desfaise do seu infortunio ante o Leganés (4-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar perde no último segundo ante o Penya Esplugues (3-2)
Por Redacción |