Lucía Vázquez e Iván Feijóo impóñense sobre o barro de Campañó
Por Redacción & Diego Torrado
Gran xornada de ciclocrós a vivida este sábado no Hipódromo de Campañó, que por terceiro ano acolleu o Trofeo Concello de Pontevedra, proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade.
O sol reinante durante toda a mañá, unido á choiva dos últimos días, ofreceu un panorama perfecto para a práctica deste deporte, coa presenza de barro no percorrido sumando un punto de épica á competición.
A xornada comezou cunha carreira de promoción para despois ir dando paso ás citas oficiais nas diferentes categorías.
Na absoluta cumpríronse os prognósticos coa vitoria do ourensán Iván Feijóo (Maceda), que superou en 31 segundos a Samuel González e en 50 segundos a Adrián Barros, segundo e terceiro respectivamente.
Pola súa banda na categoría feminina a triunfadora foi Lucía Vázquez (Prorebordosa), avantaxando en case un minuto na liña de meta a María José Gómez e Marta Alexandra Araújo, que completaron o podio.
Ademais venceron en Campañó: Rubén Sánchez (Sanse- Rotor) e Laura Capa (Marín Ottoman) na categoría cadete; Jorge Fernández (Ponteareas) en idade júnior; e Andrés Calvete, Alejandro Trasbach, Natalia Raña e Antonio Francisco Ferreira Sousa nos máster.
Consulta aquí as clasificacións completas do III Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocrós organizado polo CD Pinarium.
Relacionadas:
-
Pontevedra respira ciclocrós co desembarco do Campionato de España
Por Diego Espiño |
-
A elite nacional do ciclocrós, rumbo a Pontevedra para o Campionato de España
Por Alejandro Espiño |
-
A Copa Galicia de ciclocrós chega ao seu final con vitoria da marinense Laura Capa en cadetes
Por Redacción |
-
Campañó abre un mes de puro ciclocrós en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A Federación Española dá o visto e prace ao circuíto da Xunqueira para o Nacional de Ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
Irene Trabazo reforza en Ferrolterra o seu liderado na Copa Galicia de ciclocrós
Por Redacción |