O "incómodo" Unión Adarve pon a proba a un Pontevedra á alza
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol quere estreitar o cerco sobre os primeiros postos da táboa aproveitando ao máximo a oportunidade que lle brinda o calendario, con catro do seu próximos cinco encontros de liga no Estadio Municipal de Pasarón.
O primeiro en pasar polo coliseo granate será este domingo (17:00 horas) o Unión Adarve madrileño, no seu segundo ano na categoría. Un equipo "incómodo que te corre todos los balones y te los disputa", asegura Luismi.
Recoñece o técnico que "sería muy importante sumar los 6 puntos" nos dous duelo consecutivos na casa, ante o propio Adarve e Las Palmas Atlético, "para ir al Cerro (campo del Atlético B) con aspiraciones de irnos al parón en buena situación".
Unha semana máis, preocupa o estado do céspede de Pasarón, aínda que as previsións prognostican unha tregua meteorolóxica que axudará a que o encontro se dispute sen incidencias.
Nos granates Nacho López e Álex Fernández seguen de baixa por lesión, sendo as únicas ausencias, polo que Luismi deberá realizar un único descarte para completar a convocatoria de 18.
O Unión Adarve chegará á Boa Vila no posto 13 da clasificación con 18 puntos, polos 23 do Pontevedra, e tras catro xornadas sen gañar.
O colexiado do encontro será o castelán-leonés Fernando Román Román.
OPERACIÓN QUILO
Coincidindo con este partido, o Pontevedra organizou unha recollida solidaria de alimentos, premiando aos afeccionados que acudan con doazóns ao Estadio Municipal de Pasarón. Así cada socio poderá entrar ao duelo cun acompañante ao entregar na porta un quilo de alimentos non parecederos ou cinco latexes de conserva.
Relacionadas:
-
Pibe pecha cunha obra de arte a goleada do Pontevedra ao Unión Adarve (3-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Rivera e Pibe meten o Pontevedra nos oitavos de final da Copa RFEF
Por Redacción |
-
Alerta amarela no Pontevedra, con ata catro xogadores apercibidos de sanción
Por Diego Espiño |
-
Seriedade e contundencia do Pontevedra na súa visita ao Rápido de Bouzas (1-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |