O Poio Pescamar di adeus á vitoria no último minuto ante o Palau (2-2)
Por Sofía Lorenzo
O Poio Pescamar rematou un dos seus partidos aprazados desta tempada cun decepcionante empate ante o Femisport Palau. As pontevedresas fixéronse coas rendas do xogo nos primeiros minutos.
As locais desaproveitaron unha oportunidade clara de gol protagonizada por Anna e foron as rojillas as que se adiantaron no marcador cun gol de Daniela Sousa no 4' da primeira metade. Aínda que as do Palau comezaron a crear perigo á contra, non lograron empatar antes do descanso.
A tónica do partido foi a mesma tras o paso polos vestiarios. As de Dani Díaz seguían controlando a pista e as locais optaron por xogar en cancha propia agardando os ataques rivais. Con todo, no 27', Cris conseguiu igualar o encontro.
Dous minutos máis tarde Jenny aproveitou un balón para desequilibrar de novo a balanza cara ao lado do Poio. A pesar de repetidos intentos visitantes, estas non lograron superar o bo traballo defensivo das catalás, que no último minuto rescataron o seu primeiro punto cun gol de Anna (2-2).
Así, as poienses regresan a Pontevedra cun só punto no seu casilleiro.
FEMISPORT PALAU (2): Mariona; Anna Escribano, Sandra Rovira, Ingrid Vieites, Ingrid Carrillo (quinteto inicial), Marionna Olivella, Marta Collado, Marta Luján, Marta González, Raquel Raventós e Cris.
POIO PESCAMAR (2): Silvia; Jenny, Jessi, Ceci, Daniela (quinteto inicial), Iria, Cárol, Irene Floriani e Irene García.
Goles: 0-1 Dani Sousa (4'), 1-1 Cris (27'), 1-2 Jenny (29') e 2-2 Anna (39').
Árbitros: Pasamontes Remisa e Sánchez Fernández, do colexio catalán, que mostraron cartulina amarela a Marionna, do Femisport, e a Jenni Lores, do Poio Pescamar. Partido aplazado da segunda xornada en Primeira División.
Incidencias: Pavillón Municipal Sabadell Nord, ante uns 100 espectadores.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar cae ante o Atlético Navalcarnero (6-4)
Por Redacción |
-
O nomeamento de Silvia como unha das mellores gardametas do mundo, un "orgullo" para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar recupera o sorriso tras vencer o Majadahonda na Seca (4-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar desfaise do seu infortunio ante o Leganés (4-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Poio Pescamar perde no último segundo ante o Penya Esplugues (3-2)
Por Redacción |