Dous novos éxitos para o Mace Sport no Europeo cadete de taekwondo
Por Redacción
O Mace Sport non para de sumar alegrías nos campionatos de Europa de taekwondo que se celebran en Marina D'Or, Castelló.
Unha vez máis a categoría cadete ofreceu bos resultados, con senllas medallas de bronce para Diego Rodríguez (-49 quilos) e Antía Sánchez (-55 quilos).
Diego realizou un notable torneo superando en primeira rolda o aragonés Alejandro Benítez (27-6), en segunda ao tamén español Hugo Sánchez (25-24) e en cuartos de final o moldavo Lev Balakov nun apertado enfrontamento (8-7). Xa en semifinais, o pontevedrés cedeu ante Nicolás Máximo (34-47), tendo que conformarse co bronce.
En canto a Antía Sánchez, a súa andaina comezou librándose da primeira rolda, avanzando a ata os cuartos de final nos que superou a Thais Martínez (21-8). Despois en semifinais enfrontouse a Neus Valbuena, caendo por un claro 3-23.
Tamén competiron na xornada de mércores en Marina D'Or outros dous deportistas cadetes do Mace Sport, Adrián Martínez (-41 quilos) e Lois Camino (-57 quilos), cedendo ambos no seu primeiro combate.
Relacionadas:
-
O Mace-sport proclámase en Noia subcampión galego absoluto
Por Redacción |
-
O Mace Sport, a polo título autonómico en Noia
Por Redacción |
-
Arlet Ortiz e Iván García proclámanse campións de Europa de taekwondo
Por Redacción |
-
Eduardo Rejo consegue a medalla de bronce no Europeo cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
O pontevedrés Salvador González proclámase campión europeo máster de taekwondo
Por Redacción |
-
O Europeo cadete de taekwondo, obxectivo do pontevedrés Eduardo Rejo
Por Redacción |