Rivera e Pibe meten o Pontevedra nos oitavos de final da Copa RFEF
Por Redacción
O idilio do Pontevedra coa Copa Federación mantense. Os granates, que debían remontar o 1-1 da ida, venceron por 1-2 en Asturias o Langreo para seguir vivos na competición na que defenden título.
Luismi apostou polo pase desde o inicio, cun once inicial con presenza de xogadores menos habituais pero no que só aparecía un canteirán, Rivera, acompañado por homes do primeiro plantel.
Precisamente o dianteiro do filial foi protagonista na primeira metade do duelo ao adiantar ao Pontevedra pasada a media hora de xogo.
Co 0-1, que poñía a favor o pase, chegábase ao descanso, e tras o paso polos vestiarios o Langreo deu un paso á fronte para buscar a igualadada, o que logrou Omar no minuto 58 tras quedar só ante Rubén Ualoloca e conseguir baterlo.
Faltaba algo máis de media hora e a eliminatoria estaba empatada, pero pouco tardou o Pontevedra en asestar o golpe definitivo, que chegaría no minuto 62 co 1-2 obra de Pibe. Puideron mesmo os granates poñer o 1-3 na seguinte acción, na que un disparo de Mouriño estrelouse no traveseiro tras pegar nun defensa.
A partir de aí o cronómetro corría a favor cun Langreo que necesitaba dous goles e que o tentou sen éxito.
O Pontevedra estará no bombo dos oitavos de final da Copa Federación.
Relacionadas:
-
O Navalcarnero, rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación
Por Alejandro Espiño |
-
Javi López lesiónase e fai saltar as alarmas
Por Diego Espiño |
-
O fútbol en horario matinal volve a Pasarón
Por Redacción |
-
Pibe pecha cunha obra de arte a goleada do Pontevedra ao Unión Adarve (3-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O "incómodo" Unión Adarve pon a proba a un Pontevedra á alza
Por Diego Espiño |
-
Alerta amarela no Pontevedra, con ata catro xogadores apercibidos de sanción
Por Diego Espiño |
-
Seriedade e contundencia do Pontevedra na súa visita ao Rápido de Bouzas (1-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Empate 'in extremis' do Pontevedra ante o Langreo nunha fría estrea en Copa RFEF (1-1)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |