Un campus futbolístico para potenciar "la relación del niño con el balón"
Por Redacción
O campo de fútbol do Carrasco, en Marcón, acollerá este nadal un novo campus futbolístico baseado no 'Método Coerver'.
"Todo parte de la relación del niño con el balón", explicou o organizador da iniciativa, Óscar Guimeráns, que pretende comezar con este campus e con outro "en Semana Santa o verano" para despois dar un paso á fronte creando unha escola de tecnificación para novos futbolistas.
"No es algo que sustituya a ningún club y nunca va a competir con ellos. Se trata de una opción para el perfeccionamiento del jugador", explicou o adestrador pontevedrés.
En canto ao campus, trátase dun método baseado na filosofía "de un entrenador de la escuela holandesa" e traducirase en traballar cada unha das xornadas un aspecto técnico diferente.
As xornadas de adestramento levarán a cabo en dúas quendas, entre o 26 e o 28 de decembro e o 2 e o 4 de xaneiro, de 10:00 a 14:00 horas cun límite máximo de 75 prazas.
As inscricións, que poden formalizarse na web www.campustecnificacion.es/pontevedra, terán un custo de 50 euros para unha semana e de 90 euros para as dúas, estando dirixido a nenos e nenas entre os 6 e os 15 anos de idade.