O cisneísta Carlos Álvarez, convocado pola Selección Española Promesas
Por Redacción
O traballo de canteira do Club Cisne Balonmán recibiu unha nova lombeirada na última convocatoria da Selección Española Promesas.
O combinado que dirixe Francisco Martí afrontará do 20 ao 22 de decembro a súa última cita do ano co Torneo Internacional Ciudad de Avilés, e alí estará o extremo cisneísta Carlos Álvarez.
O xogador pontevedrés é un dos 18 xogadores elixidos polo seleccionador nacional para unha cita que supoñerá un importante test, xa que terán como rivais aos combinados nacionais de Francia, Serbia e Romanía.
Os Hispanos Promesas concentraranse o 17 de decembro na localidade asturiana, onde o 19 terán a súa primeira proba ante o GD Bosco nun partido preparatorio.
Despois chegará o Torneo Internacional, con partidos ante Serbia o día 20 (20:00 horas), Romanía o 21 (18:30 horas) e Francia o sábado 22 de decembro (12:00 horas).
Carlos Álvarez xa acudira en setembro a unha concentración nacional no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada.
Relacionadas:
-
O pontevedrés Carlos Álvarez, convocado cos Hispanos Promesas para xogar o Europeo Open
Por Redacción |
-
A canteira do Cisne, con protagonismo nas xornadas de tecnificación do CAR de Sierra Nevada
Por Redacción |
-
Dez minutos de 'apagamento' anotador condenan a un bo Cisne en Palma del Río (31-26)
Por Ramiro Espiño |
-
Álvaro Preciado, convocado por España para o Europeo Junior de balonmán
Por Redacción |
-
Os técnicos da Federación Española poñen os seus ollos no equipo cadete do Cisne
Por Redacción |