Boa xornada para o Waterpolo Pontevedra en Ourense
Por Redacción
Positiva xornada nas ligas galegas para o Club Waterpolo Pontevedra no seu desplazamento a Ourense, onde xogaron tres dos seus equipos, entre os que se atopaban os absolutos masculino e feminino.
O conxunto que milita na Primeira División Autonómica masculina impúxose con contundencia ao Pabellón Ourense (2-13) nun encontro que serviu para ofrecer unha melloría no xogo colectivo do equipo, ademais de dar confianza ao traballo defensivo.
Coa vitoria os pupilos de Javi de Sáa ascenden á segunda posición con 10 puntos, a dous do liderado do Coruña e cun de vantaxe sobre o Santiago, que aínda debe xogar o seu encontro.
Tamén venceu o equipo sénior feminino, por un claro 4-17 que lle fai manterse invicto tras dúas xornadas de liga compartindo liderado e puntos (6) co Santiago, o seu próximo rival.
Completou a expedición pontevedresa na piscina do Pavillón o equipo cadete mixto, que gañou por 2-13.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra cae na Coruña e afástase do primeiro posto da liga
Por Redacción |
-
Primeiro título autonómico da tempada para o Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra organiza o primeiro campionato galego da tempada
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra mantense na pelexa polo liderado tras vencer o Marina Ferrol
Por Redacción |