David Cal recibirá a Orde Olímpica do COE
Por Redacción
Leva tres anos afastado da alta competición, desde que en 2015 anunciou a súa retirada tras converterse no deportista español con mellor palmarés nos Xogos Olímpicos, pero David Cal segue recibindo merecidos homenaxes.
O último en darse a coñecer procede precisamente do Comité Olímpico Español, que o próximo 13 de decembro entregará na súa gala anual a canoísta pontevedrés a Orde Olímpica, xunto a outras grandes figuras do mundo do deporte como Mireia Belmonte (Natación), Saúl Craviotto (Piragüismo), Juan Carlos Navarro (Baloncesto), Toni Bou (Motociclismo), Laia Sanz (Motociclismo), Fernando Carpena (presidente RFEN), Santiago Deó (presidente RFEH), Luís Gonzaga (presidente RFEGOLF), Miguel Ángel Machado (presidente RFETM), Juan José Román (RFEP), José Luis Bruna (presidente RFEPYC), José Miguel Martínez (presidente RFEM), Antonio Moreno (presidente RFEK) e Manuel Roca (presidente RFAE).
David Cal acumula no seu palmarés cinco medallas olímpicas: ouro en C-1 1.000 metros en Atenas 2004 e cinco pratas en Atenas (500 metros), Pequín (1.000 e 500 metros) e Londres (1.000 metros).
Na XIII Gala Anual do Comité Olímpico Español tamén se entregarán os premios Valores Olímpicos ao adestrador de tenis Toni Nadal, o xogador de baloncesto Juan Carlos Navarro e a atleta e campioa olímpica Ruth Beitia, mentres que os premios aos Deportistas Destacados de 2018 serán para a karateca Sandra Sánchez e a halterófila Lydia Valentín. Ademais entregarase a Mención Especial a Título póstumo á moza xogadora de golf, traxicamente falecida, Celia Barquín, e distinguirase os medallistas españois dos Xogos Olímpicos de PyeongChang, Regino Hernández e Javier Fernández.
Completará a gala o premio a Sanitas e Toyota como entidades patrocinadoras e as Placas Olímpicas ao Mérito Deportivo que serán para a Real Federación Española de Esgrima, a Real Federación Española de Judo e Deportes Asociados, a Federación Española de Remo, a Federación Española de Rugby, a Federación Española de Surf, a Federación Española de Baile Deportivo, a Real Federación Española de Squash, o Club Nataciò Reus Ploms, o Club Tenis Pamplona e para Movistar.