Contratempo para o Arxil pola lesión de Cristina Díaz-Pache
Por Redacción
O que parecía un simple golpe no medio dun adestramento terminou por converterse nun verdadeiro problema para o Arxil nun momento importante da tempada.
O conxunto pontevedrés non poderá contar durante un tempo razoable con Cristina Díaz-Pache. De feito non volverá ás pistas de xogo ata o próximo ano ao serlle detectada unha rotura no escafoides da man.
A xogadora arxilista, peza importante na rotación, recibiu un golpe co balón na súa man o pasado 25 de outubro, pero nin ela nin os servizos médicos deron importancia ao lance. Chegou a ir a urxencias, onde non observaron rotura.
Con todo, tras varias semanas con dor e sen poder entrar no equipo, probas máis exhaustivas revelaron a envergadura da lesión, unha posible fisura que se converteu en rotura e que necesitará dunha lenta recuperación.
Todo un contratempo para o equipo adestrado por Mayte Méndez nunha fase decisiva da tempada na Liga Feminina 2, xa que tras estrear no seu último encontro o seu casilleiro de vitorias o Arxil xogará o sábado (20:30 horas na Coruña) ante un rival directo por escapar da zona baixa da clasificación, o Maristas, equipo co que está empatado e contra o que un novo triunfo permitiría abandonar os postos de descenso.
Relacionadas:
-
Un Arxil mellorado roza a sorpresa pero cae na prórroga fronte ao Ardoi (70-73)
Por Redacción |
-
O Arxil refórzase coa británica Chantelle Pressley pensando na permanencia
Por Diego Espiño |
-
O Arxil esperta e suma, por fin, a súa primeira vitoria ante o ABDA avilés (82-56)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Arxil non logra saír do pozo sumando outra derrota ante o Lima-Horta Barcelona (80-56)
Por Sofía Lorenzo |