O Waterpolo Pontevedra mantense na pelexa polo liderado tras vencer o Marina Ferrol
Por Redacción
O liderado da Liga Galega de Primeira División segue a tiro do Club Waterpolo Pontevedra, nunha dura pelexa co CN Coruña e o CW Santiago por conseguir ese primeiro posto na fase regular da competición.
É así porque a pesar das baixas coas que chegaba á cita o conxunto adestrado por Javi de Sáa conseguiu vencer o Marina Ferrol (12-6) no duelo disputado na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Os locais sacaron adiante o choque con bo xogo e notable traballo defensivo, adiantándose desde o primeiro cuarto e non afrouxando ata o parcial definitivo, onde con todo decidido encaixaron 3 tantos.
Con este resultado o Pontevedra suma 7 puntos e é terceiro, a 2 puntos de Coruña e Santiago.
Ademais na Segunda División o segundo equipo do Waterpolo Pontevedra xogou por primeira vez ante o recentemente creado CW Lugo, ao que superaron por 17 goles a 4.
Antes de cada un dos partidos do club pontevedrés durante a fin de semana xogadores, adestradores e árbitros sumáronse á campaña con motivo do día internacional contra a violencia de xénero mostrando carteis co lema " NON á violencia de xénero".
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra organiza o primeiro campionato galego da tempada
Por Redacción |
-
Boa xornada para o Waterpolo Pontevedra en Ourense
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra proponse 'educar para a vida'
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra recupera sensacións vencendo con autoridade o CN Coruña
Por Redacción |