Cambio de rumbo no equipo xuvenil do Pontevedra para tentar evitar o descenso
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol deu un golpe de temón no principal equipo da súa canteira, o xuvenil A que milita na División de Honra e que loita pola súa permanencia na máxima categoría.
Julio Álvarez-Buylla foi confirmado este luns como novo adestrador do bloque, en substitución de David Montes, quen xa non sentou no banco na última xornada, na que os granates caeron por 1-4 ante o Celta de Vigo.
Despois de 13 xornadas de competición, o Pontevedra marcha na penúltima posición con 6 puntos despois de ter sumado dous triunfos (Racing de Ferrol e Colindres) e encaixar 11 derrotas, estando a 8 puntos da zona de salvación.
Por ese motivo os responsables da planificación deportiva na casa granate decidiron variar o rumbo confiando en Álvarez-Buylla, adestrador con experiencia nas últimas tempadas na Rexional Preferente.
En concreto o técnico vigués dirixiu a pasada campaña o Xuventú Sanxenxo (sétimo na súa liga), tras pasar dous anos no Gondomar, na mesma categoría.
O seu debut cos xuvenís do Pontevedra producirase a próxima fin de semana a domicilio ante os Deportivo Roces.
Relacionadas:
-
Nacho López estará entre 3 e 4 semanas K.O.
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra cambia de base e establécese en Cerponzóns
Por Diego Espiño |
-
A 'Operación Centola' crúzase no camiño do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra imponse con xustiza e merecendo máis a un Coruxo ultraconservador (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |