Un Arosa sen sorte cae ante o Choco e se une ás derrotas de Ribadumia e Céltiga
Por Redacción
O Arosa mantense na sexta posición da táboa tras o partido ante o Choco en Santa Mariña. A pesar diso, non foi a mellor xornada do cadro arousán, que tras o empate da pasada semana ante o Boiro perdeu contra os de Redondela.
Pola súa banda, o Choco conseguiu, coa afortunada vitoria, ascender ata o oitavo posto. A pesar do triunfo local, a tónica do encontro de principio a fin foi a igualdade entre os dous equipos. O resultado definitivo foi establecido ao pouco tempo do comezo do xogo como resultado dun gol en propia porta de Trapero (18') e xa non lograron os visitantes o empate.
Consulta a acta do Choco-Arosa.
A Senra acolleu esta fin de semana o encontro entre o Ribadumia e o Alondras, ambos con cinco vitorias desde o inicio da tempada. Nesta ocasión, o cadro cangués logrou gañar sen dar lugar a dúbidas cun 0-3, facendo que os de Sanxenxo conten xa con 7 derrotas no seu casilleiro.
O primeiro dos tres goles visitantes foi anotado por Abel no 26' da primeira parte. Así, os do Alondras marcharon ao descanso con vantaxe no marcador (0-1).
Durante a segunda metade non cambiou a dinámica de xogo, xa que o segundo, aínda que tardou en chegar, foi anotado no 71' por Yahvé. Finalmente, a un minuto do termo do choque, Agujetas marcou o 0-3 definitivo.
Consulta a acta do Ribadumia-Alondras.
Pola súa banda, o Céltiga, por cuarta xornada consecutiva, non conseguiu sumar, nesta ocasión, ante a Unión Deportiva Somozas. Esta, sen embargo, leva dous partidos sen coñecer a derrota.
Aínda que calquera cousa podería ter pasado durante o encontro pola igualdade de xogo, no 13' da primeira metade xa se coñecía ao gañador. Foi grazas a un gol de Gerardo ante a portería de Marcos Bermúdez o que facía que, antes do paso polos vestiarios, o campo Alcalde Manuel Candocia xa coñecese ao vencedor. Pola súa banda, os da Illa xa non foron quen de lograr o empate nos minutos restantes.
Relacionadas:
-
O Arosa descólgase e o Ribadumia sae goleado de Santiago
Por Redacción |
-
Perde fol o Arosa mentres Ribadumia e Céltiga complícanse
Por Redacción |
-
O Arosa gaña ao Arenteiro despois de tres xornadas sen vitoria (2-1)
Por Redacción |
-
O Arosa termina en táboas ante o Boiro e o Ribadumia vence o Céltiga
Por Redacción |
-
O Arosa cae nun partido importante ante un rival directo, o CD Barco (3-2)
Por Redacción |