Difícil saída para un Poio Pescamar que busca esquecer os últimos tropezos
Por Redacción
Dúas derrotas consecutivas acumula o Poio Pescamar na Primeira División. É certo que se produciron na cancha do actual campión de liga, o Roldán, e ante o líder invicto da competición, o Burela, pero o equipo vermello quere recuperar canto antes o paso e a inercia positiva.
Para iso deberá vencer este sábado (16:00 horas) nunha difícil saída o Penya Esplugues catalán, terceiro na táboa clasificatoria con 19 puntos e só un partido perdido ata a data.
Todo un reto para o conxunto adestrado por Dani Díaz, que iso si poderá contar con todo o plantel dispoñible para a cita fóra da lesionada de longa duración Antía.
Será un duelo, aseguran desde o Poio, no que será clave mostrar un bo nivel defensivo e na orde ante un rival "moi competitivo e ben traballado".
O Poio Pescamar, con dous partidos menos aprazados no seu momento polos Xogos Olímpicos da Mocidade, ocupa a novena posición con 12 puntos.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar asume ante o líder a súa segunda derrota consecutiva (2-4)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Un Poio Pescamar atascado na segunda parte non logra plantarlle cara ao Roldán (3-1)
Por Redacción |
-
Antía Pérez, futbolista do Poio Pescamar, operada con éxito da súa lesión no xeonllo
Por Diego Espiño |