O Ría de Ferrol capta a Antía Sestelo para competir na División de Honra
Por Redacción
Antía Sestelo cambia de aires coa nova tempada atlética, dando un paso máis na súa meteórica progresión.
A deportista marinense, que os dous últimos cursos defendeu as cores do Atletismo Feminino Celta, foi captada polo Ría de Ferrol, único equipo feminino galego que competirá esta tempada na División de Honra.
Desta forma a lanzadora de xavelina, campioa de España sub-16 e plusmarquista nacional deste categoría, empezará a sumar experiencia na elite co obxectivo de continuar mellorando as súas marcas.
Sestelo, que dá o salto á categoría sub-18, seguirá adestrando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra baixo a supervisión de Javier López Viñas, nunha tempada na que o Campionato de Europa xuvenil asoma como un reto no horizonte.