A choiva e a carga de partidos elevan a preocupación polo céspede de Pasarón
Por Diego Espiño
A historia repítese. Chega o mal tempo e con el crece a preocupación no Pontevedra Club de Fútbol polo estado do céspede do Estadio Municipal de Pasarón.
A pesar dos esforzos, traducidos en tempo e recursos económicos, investidos nos últimos meses en mellorar e conservar o terreo de xogo a chegada da choiva e o cargado do calendario, con cinco dos sete próximos encontros de liga a disputar na casa unido á Copa Federación, fan temer en revivir as escenas do pasado inverno, cando mesmo se chegaron a disputar encontros oficiais do torneo copeiro no campo de Mosteiro.
"Evidentemente sí que nos preocupa, si hoy lo dejamos mal al final el partido del domingo va a estar cindicionado por el terreno de juego", recoñeceu este mércores Luismi tras a sesión de adestramento e só unhas horas antes de enfrontarse ao Langreo en Copa RFEF.
A pesar diso o técnico non quere lamentarse e asegura que "es el campo que tenemos y tenemos que adaptarno a él, lamentarnos o buscar excusas no nos sirve de nada".
Ademais do Langreo, no próximo mes de competición os granates recibirán en Pasarón a Coruxo (25 de novembro), Unión Adarve (9 de decembro) e Las Palmas B (16 de decembro), e empezará o ano con outros dous encontros consecutivos no seu estadio ante Real Madrid Castilla (6 de xaneiro) e Unionistas (13 de xaneiro).
ARRUABARRENA APUNTA AO PARTIDO DE LIGA
O regreso aos adestramentos do Pontevedra tras a súa habitual xornada de descanso dos martes deixou boas noticias para o equipo, xa que a enfermería baléirase e só Álex Fernández é baixa segura por lesión.
A evolución de Mikel Arruabarrena "va bien", avanza Luismi a pesar de que non completou a sesión para traballar na súa recuperación co fisioterapueta do club, Manu Barros, polo que apunta ao choque do próximo domingo ante o Coruxo, para o que espera estar dispoñible. Os que si estiveron co grupo foron Álex González e Berrocal, que comezaran a semana con senllos golpes.
Relacionadas:
-
O Concello arranxará os problemas de drenaxe se o Pontevedra ascende
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra imponse con xustiza e merecendo máis a un Coruxo ultraconservador (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Cun ollo no estado de Pasarón e outro nun Coruxo en plena xeira positiva
Por Diego Espiño |
-
Empate 'in extremis' do Pontevedra ante o Langreo nunha fría estrea en Copa RFEF (1-1)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Copa Federación entra en escena para o Pontevedra
Por Redacción |
-
Dous descoidos defensivos custan a derrota a un gran Pontevedra ante o Sanse (2-1)
Por Redacción |
-
Os socialistas exixen explicacións sobre o mal estado do terreo de xogo de Pasarón
Por Redacción |
-
Novo tratamento para o maltreito céspede de Pasarón
Por Diego Espiño |