Boa imaxe pero derrota do Tenis de Mesa Monte Porreiro ante o AD Vincios
Por Redacción
O Tenis de Mesa Monte Porreiro rozou a súa primeira vitoria na Superdivisión Masculina, pero quedou co mel nos beizos a pesar da súa boa imaxe ante un rival teoricamente superior como o AD Vincios (4-2).
Os pontevedreses visitaban a pista do conxunto galego e iniciaron o enfrontamento con forza, poñéndose 0-2 grazas ás vitorias de Horacio Cifuentes ante o ruso do Viacheslav Krivosheev e de Nicolás Galvano ante Martín Pintos.
Con todo os pupilos de Nando Álvarez non foron capaces de rematar e viron como o Vincios remontaba ao caer Nacho Fernández ante Diogo Martíns e Galvano ante Krivosheev.
Con empate chegábase aos puntos decisivos, nos que o Monte Porreiro plantou cara pero, en partidos moi igualados, terminou encaixando senllas derrotas Horacio Cifuentes e Nacho Fernández.
A pesar da derrota, a boa imaxe mantén vivo o optimismo dos pontevedreses, que se manteñen novenos na clasificación con 2 puntos de renda sobre a zona de descenso.
DERROTA DO EQUIPO FEMININO
Tamén caeu na xornada de liga disputada a pasada fin de semana o conxunto feminino de División de Honra, no seu caso ao verse superado en casa polo Universidad de Burgos (2-4) nun encontro no que sempre foron a remolque.
Coa derrota o Monte Porreiro queda na sexta posición da táboa con 6 puntos.