Cuenca, termómetro da reacción teucrista
Por Redacción
Sen apenas tempo para gozar da súa vitoria ante o Alcobendas, o Teucro afronta este mércores unha nova xornada da Liga Asobal, adiantada pola participación do seu rival na Copa EHF.
Os azuis visitan a pista do Ciudad Encantada de Cuenca (mércores, 20:30 horas) coa intención de dar continuidade ao último bo resultado e saír dos postos de descenso.
Fronte a eles estará o actual undécimo clasificado (9 puntos polos 5 do Teucro), aínda que se trata dun equipo confeccionado para cotas máis ambiciosas.
"En su casa aprietan muchísimo, una de las pistas más calientes de la categoría", asegura Luís Montes, que só deixa na casa a Carlos Gehrhard por lesión. Con todo "varios viajan con molestias", explica.
O técnico pontevedrés encomia a fortaleza defensiva do Ciudad Encantada e tamén á súa primeira liña, na que destaca o máximo goleador da competición, Leonardo Dutra. Aspectos que obrigarán a manter a concentración durante os 60 minutos.
Trátase dun reto "complicado", pero Montes defende que non renuncian a nada e "la intención es rascar algo".
Os colexiados do encontro serán os aragoneses Peñaranda Ortega e Yagüe Moros.