San, única baixa do Poio Pescamar na ida da eliminatoria polo ascenso ante o Rubí catalán
Por Diego Espiño
A hora da verdade chegou para o Poio Pescamar. O equipo adestrado por Marcio Santos recibe no Pavillón da Seca (sábado 18:30 horas) ao Esportiu Rubi no partido de ida da eliminatoria polo ascenso.
Por primeira vez na súa historia as rojillas clasificáronse para o play-off e só dous partidos sepáranas da máxima categoría feminina do fútbol sala nacional despois de concluír a liga regular na segunda posición.
O Poio intentará apoiarse na súa fortaleza como local co alento dunha afección que se prevé encha as bancadas da Seca para lograr un resultado positivo que lle permita viaxar a Barcelona con vantaxe, aínda que para iso deberá vencer a un equipo que só perdeu un encontro en toda a tempada.
Marcio poderá contar con todas as xogadoras en perfecto estado a excepción da lesionada San, cunha convocatoria composta por Nere, Carmen, Elena, Yoly, Charo, Peke, Kiko, Ceci, Mar, Claudia, Bibi e Tania.
O partido de volta xogarase o próximo 1 de xuño na localidade catalá de Rubí.