O desprazamento a San Sebastián de los Reyes, unha cuestión 'estratéxica' para o Pontevedra
Por Diego Espiño
Difícil saída a que afronta esta fin de semana o Pontevedra Club de Fútbol, ao campo do actual segundo clasificado do Grupo I da Segunda División B, o San Sebastián de los Reyes (domingo, 12:00 horas).
O cadro madrileño é unha das revelacións do que vai de tempada, con 23 puntos e só unha derrota nas primeiras 12 xornadas. Chega á cita de feito tras sete xornadas sen perder, aínda que despois de tres empates consecutivos, dous deles no seu estadio.
Estatísticas en todo caso que reflicten a dificultade de bater o Sanse nun duelo no que cada detalle pode ser decisivo, como as xogadas de estratexia.
"Hay que darle a la estrategia la importancia que tiene. Muchos partidos se deciden a través de ella", defende Luismi, que prestou nos últimos días especial atención a este aspecto, sobre todo a nivel defensivo pero tamén en accións como os saques de banda.
Tamén é 'estratéxico' o choque para os granates porque unha vitoria faríalle recobrar impulso na táboa (agora son novenos con 17 puntos) xusto cando chega un mes de competición no que non terá que saír da provincia, con tres partidos en casa e outro en Bouzas.
En canto ao San Sebastián de los Reyes, trátase dun equipo que "a nivel ofensivo es peligroso", asegura o técnico poñendo o seu foco de atención sobre a dupla atacante formada por Pelares e Castel (5 goles cada un en liga), a quen "hay que prestarles atención".
Mikel Arruabarrena e Álex Fernández, únicos futbolistas que se manteñen aínda á marxe do grupo, son as baixas por lesión coas que conta o Pontevedra para o desprazamento a Madrid.
O colexiado do encontro será José Joaquín Gallego Gambín, da delegación territorial murciana.
Relacionadas:
-
Dous descoidos defensivos custan a derrota a un gran Pontevedra ante o Sanse (2-1)
Por Redacción |
-
Arruabarrena, "a día de hoy" descartado para San Sebastían de los Reyes
Por Diego Espiño |
-
Remonta o Pontevedra para empatar tras unha mala primeira parte ante o Fabril (2-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
RADIO.- A playlist de... Luismi, adestrador do Pontevedra e 'estirador' de cola caos na infancia
Por Marisa Ciordia |