Partido "especialmente importante" para o Teucro, ao que só lle vale gañar ante o Alcobendas
Por Diego Espiño
"No me gusta utilizar el término de final en el mes de noviembre", asegura o adestrador do Teucro, Luís Montes, pero se non o é o choque deste sábado (20:30 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra paréceselle moito.
Os azuis reciben a un rival directo pola permanencia na Liga Asobal, o Balonmano Alcobendas, coa necesidade de gañar para abandonar o último posto e que non se lle escapen os equipos que lle preceden na táboa, entre eles o madrileño que marcha décimo terceiro con 6 puntos, 3 máis que o Teucro.
"Queda mucha liga como para estar hablando de finales pero es verdad que es un partido especialmente importante para nosotros", recoñece Montes.
O preparador teucrista cre que neste tipo de encontros "es fundamental el apoyo del público", polo que pide un esforzo aos seus seguidores.
Carlos Gehrhardt perderá o duelo por lesión, mentres que Samu Gómez será dúbida ata o quecemento previo tras dúas semanas fóra do equipo por problemas nas costas. Pola súa banda o Alcobendas presentarase en Pontevedra coa única ausencia de Martí Villoria.
Os colexiados do encontro serán o valenciano Iniesta Castillo e o madrileño Muro San José.
Relacionadas:
-
Triunfo xusto ante o Alcobendas dun Teucro que se reengancha á pelexa (38-29)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro outorga categoría de 'final' ao duelo ante o Alcobendas e lanza unha promoción para os seus socios
Por Redacción |
-
Durísimo correctivo do Huesca a un Teucro sen argumentos (37-22)
Por Redacción |