Xornada de cros escolar para os colexios de Marín
Por Redacción
Máis de 800 alumnas e alumnos de Marín participaron na xornada de cros escolar organizada este mércores pola Delegación Provincial de Deportes da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Marín.
O bo tempo permitiu unha divertida xornada ao redor do deporte para os escolares dos colexios da Laxe, Seixo, Carballal, Sequelo, San Narciso, Inmaculada e Praceres, na que o resultado era o de menos.
Esta cifra supón dobrar a participación do pasado ano, cando as carreiras escolares celebráronse no Lago de Castiñeiras.
Nesta ocasión o circuíto habilitouse na Urbanización Virxe do Carmen de Marín, entre o Pavillón do Sequelo e o Centro de Saúde.
A organización técnica da xornada correu a cargo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Club San Miguel de Marín.