Unha visita 'mundial' nas escolas deportivas municipais de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
As escolas deportivas municipais de Cerdedo-Cotobade recibiron recentemente unha visita moi especial, a de toda unha campioa mundial.
Yohanna Alonso, campioa do mundo na modalidade de Muay Thai, ofreceu unha pequena clase de exhibición do seu deporte, incluída na oferta municipal desde hai algúns anos.
A deportista leonesa compartiu experiencia con alumnos e adestradores.
O Concello de Cerdedo-Cotobade ofrece este ano as modalidades de Pilates, Zumba, Ximnasia de mantemento e Muay Thai nos pavillóns de Carballedo, Tenorio e Cerdedo que, a maiores, acolle tamén clases de Ioga.
Á cita acudiron tamén o concelleiro de Deportes, Bruno Portela, e o presidente Municipal, Jorge Cubela, que agradeceron ao monitor Toni Garrido a súa implicación neste proxecto deportivo.