O Cisne alonga a súa boa racha ante o Adrianenc (27-32)
Por Sofía Lorenzo
Prevíase un partido moi igualado en Barcelona. O Sant Marti Adrianenc, equipo recentemente ascendido e que, a priori, sobre pizarra non supoñía unha gran ameaza para o resto de plantillas, chegaba ao encontro invicto en casa. Xa se o empate contra o Nava na segunda xornada auguraba a dificultade que implicaría vencerlles no seu campo, a posterior vitoria contra o Barça B acabábao de confirmar.
Pola súa banda, o Cisne non queda atrás. Pouca xente esperábase o tan bo arranque ligueiro que está a ter. Todo isto xunto presentaba un choque moi compensado e un resultado difícil de predicir.
Empezaron os pontevedreses bastante erráticos en ataque, sobre todo para portería, feito que aproveitou o equipo local para sacar unha vantaxe de tres goles en pouco máis de 8 minutos. Con todo, e afortunadamente, souberon sobrepoñerse. Con paciencia arriba e apoiados, unha vez máis, en fantásticas paradas de Juán Novás, non só lograron igualar o partido, senón que conseguiron darlle a volta e irse ao descanso cun tanto de vantaxe.
A destacar a reincorporación de Alberto Casares, xogador imprescindible e que, poco a poco, vai superando a súa lesión no ombro esquerdo.
A segunda parte, moito mellor, e esta vez desde o principio. Os visitantes foron ampliando a súa vantaxe e, aínda con algún pequeno susto onde parecía que o Adrianenc podíase achegar, lograron pechar o partido con autoridade.
Alonga o Cisne, así, unha racha de catro vitorias consecutivas que o colocan terceiro na táboa.
Para acabar, un dato reseñable é a aposta de Jabato por seguir dando minutos aos máis novos. E non lle está indo nada mal. Hoxe, por exemplo, destacou Guilherme (5 goles), que, con tan só 19 anos, vai logrando poco a poco facerse un oco e gozar cada vez de máis protagonismo.
Relacionadas:
-
O Cisne logra con autoridade ante o Villa de Aranda a súa sexta vitoria (32-28)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Cisne empata ante Los Dólmenes e suma sete partidos sen perder (32-32)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Cisne segue intratable e gaña o BM Santoña (28-23)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Cisne vence o Puerto Sagunto e fai do CGTD un fortín (32-30)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Vitoria importantísima ante o Alarcos dun Cisne que ilusiona (28-27)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Cisne consegue a súa primeira vitoria ante o Agustinos Alicante (26-28)
Por Sofía Lorenzo |