Churre e Romay, noticias positivas para o Pontevedra na volta aos adestramentos
Por Diego Espiño
O regreso ao traballo do primeiro plantel do Pontevedra deixou boas e malas noticias para os granates, pendentes nas últimas semanas da enfermería.
A cara puxérona Romay e Churre. O primeiro deles ao recibir a alta médica e completar a sesión celebrada na Xunqueira ao mesmo ritmo que o resto dos seus compañeiros, polo que apunta ao duelo ante o seu ex-equipo, o Fabril, do próximo domingo.
Pola súa banda Churre, apenas 10 días despois de sufrir unha luxación de cóbado ante o Salamanca CF, recibiu permiso do doutor para ir incorporándose ao traballo de grupo acurtando sensiblemente os prazos marcados no seu momento.
"Por él ya estaba al día siguiente", explicou en rolda de prensa Luismi. Con todo actuarase con precaución para evitar un golpe ou caída que free a súa recuperación, xa que o central marinense está ansioso por volver e "no vamos a dejar que se lance porque no mide y tenemos que medir nosotros", sinalou o técnico.
ARRUABARRENA DESCARTADO E NACHO LÓPEZ "COMPLICADO"
O futbolista que está descartado para o choque ante o Fabril, ademais do lesionado de longa duración Álex Fernández, é Mikel Arruabarrena. O dianteiro ten "una pequeña microrrotura", revelou Luismi, no xemelgo da súa perna dereita que lle obriga a descansar canto menos esta semana, e dependendo da súa evolución mesmo a próxima.
Pola súa banda Nacho López ten moi difícil a súa presenza na convocatoria. Aínda que a súa non é unha lesión de consideración e limítase a algo muscular, "no está teniendo buenas sensaciones", recoñeceu o técnico granate sen descartalo pero sinalando que "está complicado" que se vista de curto ante o filial deportivista.
Relacionadas:
-
Remonta o Pontevedra para empatar tras unha mala primeira parte ante o Fabril (2-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Un Fabril en horas baixas, rival do Pontevedra para tentar "recuperar sensaciones"
Por Diego Espiño |
-
Un tramo final de ano para definir as aspiracións do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Mikel Arruabarrena, o último en caer
Por Redacción |
-
Duro e esaxerado castigo do Guijuelo a un Pontevedra gris e sen perigo (3-0)
Por Redacción |